X Festa do Ferro

A décima edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riototo foi un éxito de público. Asistiron milleiros de persoas chegadas de Galicia e Asturias. As Rodriguas estivo repleta de postos con todo tipo de mercadorías.  Entre os asistentes estivo Dario Campos o presidente da Deputación; o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, do PP; a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez e o presidente da Asociación de Fereiros de Riotorto, José María Cabo Jardón. «Se queremos que o rural sobreviva, hai que conservar oficios como o dos ferreiros», explicou o presidente do organismo provincial.

JOMACA recordóu no seu discurso cómo Don Álvaro Cunquero gustáballe participar nas labores do campo e sumerxirse nos mazos de Ferreiravella pra darlle aire o fogón dos ferreiros onde ouvía as badeladas dos mazos. Agora son 7 os que quedan loitando día a día, sete ferreiros graicas aos que este oficio non morre, animados polas suas mulleres e fillos, por os veciños e amigos e pola xente que acudío a esta feira, como o xornalista e home de televisión Xosé Besteiro, que foi o pregoeiro de honor este ano 2016, lembrando seus anos mozos neste municipio. Mario despertóu os aplausos cando lembróu ao seu pai José Cabo Villar. Eran outros tempos nos que había moita máis ledicia -decía seu fillo. e tamen fraternidade, onde todo se arreglaba cun chusco de pan e un vaso de viño.

 

Campos Conde asegurou: «É unha honra estar hoxe aquí, nesta Feira, contemplando un dos oficios máis singulares e tradicionais da comarca da Mariña Oriental». Asi mesmo subliñou a potencialidade económica e turística deste evento para un concello como o de Riotorto. «É unha auténtica singularidade da Mariña Oriental que aínda haxa unhos ferreiros que traballen este material deste xeito tan singular e tan tradicional».

O residente provincial sinalou «é importante chegar aquí, a esta décima edición, manterse e mirar cara o futuro e propiciar que a xente nova se poida adicar a este oficio como medio de vida». Por iso emprazou a traballar dende todas as administracións «para animar aos ferreiros a que sigan golpeando a bigornia e o mazo para facer fouciños, coitelos e todos os utensilios de labranza”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s