Un ano máis Riotorto albergóu sua feira dos Ferreiros. O pregón correu a cargo do periodista e escritor Xosé de Cora. Entre os participantes estiveron o ferreiro austriaco Friedrich Brasmsteidl, así como outros da Fonsagrada, O Corgo, Santiago (Alberto Leis) e de Navarra (Forjas Brua). Tampouco faltaron carboeiros de Becerreá e torneiros de Rianxo como Roberto Figueira. O presidente dos ferreiros, Xosé Mario Cabo, tamén tivo un recordo entrañable para os ferreiros que faleceron recentemente: José Fernández Rivas e Eduardo Díaz Cabo. A Diputación Provincial axudalles un pouquiño, pero eles mismos teñen que transportar carbón, aceiro, mazos, ferramentas e hasta as tantas de mañá preparar todo para que o domingo miles de persoas podan disfrutar deste espectáculo único como e poder velos traballar en directo. Daría algo porque poideran vir artesáns xaponeses pra facer unha demostración dun arte milenario como é a forxa das katanas, algo único en todo o mundo, pero en Riotorto ainda que non se vexan sables nipós, sí que respírase un aire de autenticidade único. Xente sencilla, sinxela, amable, sempre co soriso e intentando agradar a todo o mundo; boa xente en definitiva.
Por Baldo Cortón, redactor da Axencia EFE.