Por Xosé Mario Cabo Jardón
(Extracto do discurso na XII Feira do Ferro)
“Así o confirman términos técnicos como aldabarra, aragua ou vandarria, pezas dos mazos hidráulicos e tamén nos apelidos vascos como Chavarría, Legazpi ou Recalde, entre outros frecuentes na zona. O propio Chavarría procede dos Ferrons Vascos que levantaron no XVI en Ferreiravella un mazo hidráulico.
E na cantidade de forxas. De tantas que non atopéi unha explicación concreta, pero é posibel que sexa polo arraigo do ferro na zona, xa que dos anos 50 e 60 sacóuse mineral de ferro en forma de escoria na zona de Ferreiravella que proveñía dunha fundición de ferro ubicada no cruce de camiños conocida como centrl de Campón, e que posiblemente teña que ver con ese mazo hidráulico instalado no XVI.
Todo este mineral foi sacado por un veciño de Santa Marta de Meilán chamado Emilio Cabodevila, conocido como Sachas, e transportado hacia o cargadeiro de Ribadeo para logo ir en barco hacia os Altos Fornos de Bilbao para ser fundido. Foron moitos centos de toneladas as que se sacaron da zona durante bastante tempo.