José Cabo Villar (13 abri 1917-12 agosto 2011) traballando no seu mazo na Hermida número 25, na casa conocida como do Lourín (José Jardón Seco), que era o pai da sua muller, Josefa Jardón Rodríguez. Seu fillo, José Mario, a día de hoxe e ferreiro como él e coma seu abó José Cabo Acebedo.
De José Cabo Villar todo o mundo recorda o simpático que era, sempre co sorriso, o desprendido cos amigos, cos que lle gustaba compartir contos co típico chato de viño. Pasóunas canutas na Guerra Civil como toda sua xeneración, pero él pillóuno o Alzamento en Marruecos, onde o mandaron en circunstancias que non sei certo como foron, pero sei que cando estivo concentrado no cuartel de San Fernando, en Lugo, non soupo pra onde iba y en vista de que ninguén lles informaba, decidíu él e outros máis retornar pra a súa casa en Riotorto. Ao día seguinte xa os estaban buscando e eles tiveron que regresar ao cuartel cun ese destino africano, no sei se foi como castigo ou o que pasóu. Alí víu de todo; Cómo se fumaba grifa para olvidar e cómo a vida dunha persoa non valía nada. Da Guerra tiña moi mal recordo. Os bombardeos do frente do Ebro decía que era o peor que lembraba.
Xosé era ademáis de ferreiro un labrego amante da natureza e dos animáis. Nunca esquenceréi as sestas no pallar con él, co cadelo e cas persoas que estiveran ese día por alí, ou as mallas na Hermida onde traballaba todo o pobo de sol a sol sabendo cada un o que tiña que facer e ao mesmo tempo divertíndose nunha labor das máis importantes que deu o pobo galego en toda sua historia. Lástima que xa non queden homes coma Xosé e como todos os labregos e labregas, ferreiros (non había por desgracia ferreiras, pero as mulleres daquela época traballaban ben máis que os homes). Xusto sería facer non una feira do ferro, senón una feira dos veciños que deron vida a este valle de Riotorto no siglo XX.